|
|
Novas
Sí á Educación Tecnolóxica
Campaña a favor da Tecnoloxía
Campaña a favor da Tecnoloxía explicando qué é a Tecnoloxía, para que sirve a Educación Tecnolóxica e fomentar a vocación tecnolóxica.
Pedímosvos que difundades o proxecto "Sí á Educación Tecnolóxica"
|
XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Sen Tecnoloxía non hai progreso
Xa están abertas na web as páxinas das XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia. Podedes acceder a toda a documentación pola pestana do menú lateral "Xornadas de Tecnoloxía" ou ben, directamente nesta ligazón.
Esperamos que sexan do voso agrado e que eso faga que se complete o aforo ás mesmas!!!
|
XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Sen Tecnoloxía non hai progreso

O IES A Guía de Vigo prepárase para recibir ao profesorado de Tecnoloxía os días 31 de maio e 1 de xuño.
Organizadas e subvencionadas polo propio profesorado celebraranse, un ano máis, as xornadas de formación e intercambio de experiencias didácticas en Tecnoloxía.
Estamos creando as páxinas das xornadas polo que, en breve, teredes máis información sobre o evento: díptico, programa e o formulario de incrición.
O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 17 de maio ás 20:00 h ata o domingo 26 de maio ás 20:00 h.
|
III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego
A Tecnoloxía é cultura

Dende o 16 de outubro ata o 5 de novembro celebrarase o III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, evento organizado por IGACIENCIA, AGAPEMA, ENCIGA e APETEGA.
APETEGA, baixo os lemas "A Tecnoloxía é cultura" e "Tecnoloxía: evolución e cultura", encargarase das actividades lúdicas que se centrarán na bicicleta e na figura do xenio indiscutible "Leonardo da Vinci".
Toda a información referente a este evento: presentación, actividades lúdicas, album web e carteis están dispoñibles no seguinte enlace.
|
Apoio á Educación Tecnolóxica
Petición en change.org
Para recoller o apoio de particulares creamos unha petición en change.org.
Se aínda non firmaches podes facelo na seguinte ligazón:
Entre todos temos que difundir esta petición para acadar o maior número de apoios.
| [Páxina1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25]  |