Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
 
>> Principal
>> Anteproxecto LOMCE
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Ciencia e Tecnoloxía en Galego
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
>> Plataforma Estatal
>> Contacta

¿Tes dudas ou consultas?

Aquí podes ver o que outros preguntaron.

 
Comunicacións no Twitter:
 
logo apetega

Novas



Informe PISA


O alumnado galego aproba en ciencias e suspende en matemáticas  e lectura, que son as tres únicas áreas do coñecemento avaliadas. Supera en cinco puntos a media, e presenta resultados similares a países como Francia, Irlanda ou Suecia, tal e como se desprende do Programa para a Avaliación Internacional do Alumnado (PISA) da Organización para a Cooperación e o Desenrolo Económico (OCDE), feito público o 4 de decembro do 2007.
Lembremos que en dito informe non se avalía os coñecementos específicos sobre Tecnoloxía, que os consideran parte de Ciencias.


- ligazón permanente - Enviado o 04-12-2007

Asemblea de APETEGA


Sábado 17 de novembro ao remate da Xornada Monográfica

Convócase a todos os socios e socias á asemblea ordinaria de APETEGA que terá lugar o vindeiro sábado 17 de novembro no IES "Macías O Namorado" de Padrón, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:
  1.   Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2.   Estado de contas.
  3.   Informacións e cuestións administrativas.
  4.   Propostas de modificación dos estatutos.
  5.   Estado da LOE.
  6.   Actividades formativas para o presente curso.
  7.   Renovación de dous membros da directiva.
  8.   Rogos e preguntas.


- ligazón permanente - Enviado o 11-11-2007

Real Decreto polo que se establece a estrutura do Bacharelato e fíxanse as súas Ensinanzas Mínimas


BOE 266/2007 de 6 de novembro de 2007

O goberno aprobou no consello de ministros do venres 2 de novembro de 2007 o novo  Real Decreto polo que se establece a estrutura do Bacharelato e fíxanse as súas Ensinanzas Mínimas.
Hoxe, 6 de novembro de 2007, foi publicado no BOE (BOE 266/2007 de 6 de novembro de 2007)
Despois da súa concreción pola Consellería de Educación no seu correspondente Decreto, entrará en vigor no vindeiro curso escolar 2008-2009 en 1º de Bacharelato.

Podes consultar aquí a estrutura e os currículos das materias.

- ligazón permanente - Enviado o 06-11-2007

I XORNADA MONOGRÁFICA DE APETEGA


Aumentado o límite de prazas a 84 persoas

Logo do gran interese que espertou no colectivo a convocatoria da I Xornada Monográfica, dende a directiva de APETEGA fíxose todo o posible por poder aumentar o número inicial de prazas de 60 participantes. Finalmente  púidose aumentar o número máximo de asistentes á cifra de 84 prazas.

Esta limitación final vén dada polo espazo físico de traballo nas distintas dependencias do IES Macías o Namorado que se van a empregar e o máximo de asistentes que se poden atender no desenvolvemento da parte práctica da actividade (7 equipos de 12 compoñentes cada un).

Proximamente vaise enviar un correo confirmándolle a súa admisión a aqueles inscritos que corresponda. Recórdase que aquelas persoas que finalmente non poidan asistir débeno comunicar canto antes a xornadas@apetega.org para dalos e baixa e correr a lista cara ás persoas en espera.

- ligazón permanente - Enviado o 04-11-2007

Proxecto de RD de especialidades docentes


Ditaminará a adscrición de materias por Departamentos

O Ministerio de Educación está a traballar na elaboración dun proxecto de RD de especialidades docentes. O documento en cuestión pódese consultar aquí, e a partir del podemos chegar a concluír, coas cautelas que supón a interpretación de textos deste tipo e que aínda sexa un borrador, o seguinte:

  • O profesorado de Tecnoloxía sería o asignado para impartir Informática naqueles centros onde non haxa profesorado de FP da especialidade de Informática (Anexo III, páx. 8)
  • Lamentablemente, determinadas especialidades de FP (Organización e procesos de mantemento de vehículos, Organización e proxectos de fabricación mecánica, Organización e proxectos de sistemas enerxéticos, Sistemas electrotécnicos e automáticos e Sistemas electrónicos) poderían impartir as materias de Tecnoloxía Industrial I e II e Electrotecnia (Anexo V, páx. 10), claramente asignadas ao profesorado de Tecnoloxía no Anexo IV (páx. 9).


- ligazón permanente - Enviado o 04-11-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [Páxina11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702