I XORNADA MONOGRÁFICA DE APETEGA
"O traballo cos materiais"
Coa fin de aumentar a oferta formativa que a Asociación pon a disposición dos seus socios e socias, e do profesorado de Tecnoloxía en xeral, convócanse este curso por primeira vez as Xornadas Monográficas de APETEGA,
Esta I Xornada Monográfica de APETEGA versará sobre "O traballo cos materiais", e celebrarase o sábado 17 de novembro no IES "Macías O Namorado" de Padrón (A Coruña).
No apartado Xornadas Monográficas tedes completa información sobre as mesmas.
Animádevos a participar!
|
"Instrucións" da S.X. de Innovación Educativa para as Áreas de Música, Plástica e Tecnoloxía
Carta enviada aos directores dos centros con data do 21 de setembro de 2007
No Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia, non se recolle a secuenciación por cursos nin os criterios de avaliación para o primeiro dos cursos nos que se imparten as materias de Música, Plástica e Tecnoloxía. Esto é debido a que cando se estaban a elaborar os currículos só tiñamos presencia nun curso da ESO. Foi con posterioridade, e grazas ás presións dos colectivos de profesores especialistas, cando se ampliou a carga horaria e se pasou a ter presenza en dous cursos. Presumiblemente a administración fixo este cambio sen tempo suficiente para modificar o texto do Decreto, o cal debía publicarse no verán para poder cumplir co calendario de implantación da LOE, de onde se deduce porque non se fixo unha secuenciación de contidos por cursos coma nas demais áreas da ESO.
Como nos indican no texto da carta, tras ler os Anexos II e III do citado Decreto, queda claro que os contidos alí recollidos deben impartirse, con diferente grao de profundización nos dous cursos, e que, a diferencia do resto de áreas da ESO, en Música, Plástica e Tecnoloxía é o seu profesorado o responsable de concretar os obxectivos, contidos, criterios de avaliación,... para o primeiro curso no que se impartan.
Podes acceder á carta dende aquí.
|
Publicada a Orde que regula os Programas de Diversificación Curricular
DOG nº 161 do martes 21 de agosto de 2007
Pódese aceder ao texto de dita Orde coa seguinte ligazón. Destacar como máis salientable, tanto para os Programas de Diversificación Curricular dun ano (4º da ESO) coma de dous (3º e 4º da ESO), que a materia de Tecnoloxía:
- Terá un "(...) carácter eminentemente práctico, que incluirá os contidos básicos correspondentes ás materias de tecnoloxías do terceiro curso e de tecnoloxía do cuarto"
- Cursarase fóra do grupo de referencia.
- Impartirase cunha carga horaria de 3 horas semanais.
|