A data do 16 de maio houbo un total de 23 inscricións de persoas comprometidas a participar na Mostra de Proxectos deste ano. Tendo en conta que esta é unha
actividade da asociación imprescindible de cara á valorización da nosa área pola sociedade (e algún día polos políticos), pódese considerar que o número de participantes é o suficientemente próximo ao acordado na última asemblea (25), polo que
FINALMENTE O DÍA 15 DE XUÑO CELEBRARASE A III MOSTRA DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA.
Tedes as últimas informacións sobre a organización da Mostra no apartado "
Información complementaria" da sección "
Mostra de Proxectos", adiantarvos que terá lugar
das 17:30 ás 19:30 horas na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Por suposto, os que aínda non vos
inscribirades ESTADES A TEMPO.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
DEAMOS A COÑECER E PRESTIXIEMOS A NOSA ÁREA!!