Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
 
>> Principal
>> Anteproxecto LOMCE
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Ciencia e Tecnoloxía en Galego
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
>> Plataforma Estatal
>> Contacta

¿Tes dudas ou consultas?

Aquí podes ver o que outros preguntaron.

 
Comunicacións no Twitter:
 
logo apetega

Novas



Votacións no consello escolar do día 13 de abril


Aprobouse a proposta da UXT

No Consello Escolar anterior aprobáranse 6 horas obrigatorias para Tecnoloxía, e neste último houbo "rebaixas":

Proposta da Administración (4 horas obrigatorias de Tecnoloxía)

  • Votos a favor: 14
  • Votos en contra: 9
  • Abstencións: 11
Proposta da CIG: (6 horas obrigatorias de Tecnoloxía)
  • Votos a favor: 4
  • Votos en contra: 17
  • Abstencións: 12
Proposta de UXT: (5 horas obrigatorias de Tecnoloxía)
  • Votos a favor: 16
  • Votos en contra: 8
  • Abstencións: 9

O ditame global foi aprobado por 16 votos a favor, 3 en contra e 13 abstencións. (ler a información)

Chama a atención o número de votos a favor da proposta da Administración, que contempla unha reducción do 43% do horario obrigatorio para a Tecnoloxía, e só 4 votos a favor de manter a tecnoloxía en 2 cursos con 6 horas, cando iso fora aprobado no consello escolar anterior.

Cál será a decisión final da Consellería de Educación?

- ligazón permanente - Enviado o 15-04-2007

O Consello Escolar aproba unha hora máis para tecnoloxía en 2º.


Segue habendo perda horaria para a tecnoloxía respecto á situación actual

Respecto á última proposta que presentou a Consellería o mércores, que propuña dúas horas para 2º de ESO e dúas horas para 3º, prodúcese a seguinte modificación no Consello Escolar de hoxe: 3 horas en 2º de ESO e 2 horas en 3º.

En total perderiamos dúas horas respecto á situación actual, as correspondentes ao primeiro curso de ESO, o que supón un 28% menos de horario obrigatorio para tecnoloxía (o horario optativo queda igual que na actualidade)

Recordámosvos que o Consello Escolar de Galicia é un órgano consultivo, e as súas propostas non son vinculantes. A Consellería pode facer o que queira.

Máis información: CIG-Ensino

- ligazón permanente - Enviado o 13-04-2007

Venres 13, ás 16:45, concentración diante da EGAP onde se reunirá o Consello Escolar de Galiza.


Acude con cartaces!

Despois do éxito de participación da folga e manifestación de onte, seguimos amosando a nosa desconformidade co proxecto da Consellería de reducir 3 horas o ensino obrigatorio da Tecnoloxía. Se podes, acude á concentración que vai ter lugar no EGAP ás 16:45 onde vai ter lugar a reunión do Consello Escolar de Galicia, onde se decidirá definitivamente cómo vai quedar o ensino de Tecnoloxía na ESO.

Cómo chegar
:
Escola Galega de Administración Pública
Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4
15707 Santiago de Compostela, A Coruña
ver rueiro

Tedes fotografías da manifestación de onte nesta páxina

- ligazón permanente - Enviado o 13-04-2007

Ante a proposta insuficiente da Consellaría, folga 12 de abril


A consellería non rectifica e segue a marxinar a Tecnoloxía.

A proposta que acaba de presentar a Consellería de Educación aos sindicatos segue propoñendo un total de 4 horas obrigatorias para tecnoloxía: dúas horas en 2º de ESO e 2 horas en 3º de ESO (a proposta inicial da Consellería era de 4 horas en 3º de ESO), o que supón unha reducción do 43% respecto ao horario obrigatorio actual.

É unha vergoña que en pleno século XXI se propoña unha reducción tan drástica para o ensino da tecnoloxía. No caso de aprobarse este cadro horario, Galicia sería a Comunidade Autónoma do Estado que menor carga lectiva dedica á cultura tecnolóxica, en consonancia cos informes sobre I+D+i, percepción social sobre temas científicos e tecnolóxicos, etc.

Debemos, unha vez máis, amosar a nosa desconformidade con esta proposta, secundando a folga convocada para mañá día 12 de abril e acudindo masivamente á manifestación en Compostela que sairá ás 11:30 da praza de Cervantes, e intentar que a Consellería de Educación rectifique a súa proposta ou, polo menos, que sexa consiente do noso rexeitamento á barbaridade que está a facer co ensino obrigatorio.

Por unha educación tecnolóxica de calidade para tod@s!
A Tecnoloxía é cultura!

- ligazón permanente - Enviado o 11-04-2007

FOLGA O 12


cartaz maniEntérate ben:

 O día 12 temos a derradeira ocasión para amosar a nosa disconformidade coa proposta de horarios da Consellería de Educación, e intentar que viren a súa postura.

Vémonos ás 11:30 na praza de Cervantes en Compostela.
Levade todo aquelo que serva para chamar a atención e armar moito barullo.

- ligazón permanente - Enviado o 10-04-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [Páxina17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702