Comunicados de PEAPT
decreto de ensinanzas mínimas
A Plataforma Estatal de Asociacións do Profesorado de Tecnoloxía (PEAPT), na que está integrada APETEGA, transmitiu aos dirixentes do Ministerio de Educación o malestar e indignación do profesorado de Tecnoloxía tra-lo coñecemento do borrador do Real Decreto de ensinanzas mínimas difundido recientemente, e solicitou unha rectificación no que concerne ao ensino da Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria.
|
Concurso para a creación do cartaz oficial das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Dirixido ao alumnado de Tecnoloxía
APETEGA convoca un concurso para o deseño do cartaz anunciador das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
Podes descargar aquí as bases do concurso
|
Importante reducción horaria para Tecnoloxía
Desastre na educación secundaria
Acábase de publicar o borrador do real decreto de ensinanzas mínimas.
No anexo final veñen as horas.
de 1º a 3º: 140 horas (corresponde a 4 horas semanais. Agora temos 7)
en 4º: Tecnoloxía: 70 horas (corresponde a 2 horas semanais. Agora temos 3)
O Ministerio de Educación destrúe completamente a ensinanza da Tecnoloxía na Educación Secundaria. Lamentable.
|
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
A sede estará na Coruña
A sede do Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía estará no edificio Prisma de Cristal, situado en San Roque, na bahía coruñesa.
Unha boa nova para a difusión da Ciencia e da Tecnoloxía na nosa comunidade.
Ler máis
|
VII Xornadas de Tecnoloxía de Galiza
Vilagarcía de Arousa, 20 e 21 de abril de 2006
Información sobre as vindeiras xornadas:
- Centro de celebración: IES Fermín Bouza Brey . Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- Datas: 20 e 21 de abril de 2007
- Manterase a visita didáctica, que se celebrará o venres 20 de abril pola mañá.
- A asemblea ordinaria que se celebraba sempre ao remate das xornadas adiantarase ao sábado ao mediodía.
|