A TECNOLOXÍA NO BACHARELATO
No Borrador do Bacharelato para Galicia podemos ler:
Disposición transitoria terceira. Oferta de modalidade do bacharelato
"Sen prexuizo do establecido no artigo 5º.7 deste decreto, os centros que na actualidade non viñan ofrecendo a modalidade de bacharelato tecnolóxico, non ofrecerán as materias de Electrotecnia e Tecnoloxía industrial I e II ata que conten cos recursos específicos para seren impartidas."
Desde APETEGA opinamos que se contradice o Real Decreto 1467/2007, pois "Os centros ofrecerán a totalidade das materias das modalidades ofertadas".
É responsabilidade, deber e obriga da Consellería de Educación poñer a disposición de tódolos centros o recursos específicos necesarios para impartir as materias de modalidade, e garantir o acceso de todo o alumnado galego que o desexe ás materias tecnolóxicas da modalidade de Ciencia e Tecnoloxía.
|